Facebook Twitter Google +1     Admin

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Primeiro día de escola.

5-9-2011 Hoxe foi o primeiro día de Xavier na escola. É un día moi importante na súa vida, na presente e na futura.E tamén na miña. Todo o que rodeou o seu ingreso na escola é moi especial para min tamèn. Fai xa catro anos que a nosa vida xira un pouco arredor das galescolas: dende que me enterei que ían abrir as primeiras, mandar a primeira documentación para Cris facer os exámes,as charlas en galego para practicar o idioma, as viaxes a Oia e logo a Covelo, esperar as notas, a despedida de O Xardín, os primeiros meses de Cris en Oia sin nenos, logo a Santiago, máis e máis viaxes... a morte de Carlos fai un ano...e agora ter un fillo, matriculalo e que conseguise entrar na escola de Valadares. É moi emocionante e síntome moi privilexiado e feliz. Pero bueno, ó que dicía, hoxe foi o seu primeiro día. Viviuno coa maior normalidade: media hora na escola repartindo sorrisos para todas as educadoras, nin unha bagoa, nin unha protesta, so xogar. Mireino feliz, nun entorno ideal, con moitos xoguetes ó seu redor e cunhas educadoras, Iria e Araceli, que lle demostraron moito cariño e moita paixón polo seu traballo. Gracias a elas tamén, e a todo o personal da escola, por axudalo na súa andaina é por facerme sintir tan tranquilo sabendo que está con el@s.

05/09/2011 23:18 sampedro #. Días especiais No hay comentarios. Comentar.

Na aldea

17/4/2011.Hoxe foi un día moi especial. Fixemos a primeira viaxe con Xavier á aldea, e a verdade e que todo saiu estupendamente, el portouse moi moi ben e gustoulle moito a todos o que o viron, Adrián tamén o pasou moi ben xogando con Alba á que facía moito que non vía pero que xogaron e falaron coma si se viran todolos días.Foi un bo día no que me sentín moi afortunado polos meus dous fillos, por poder estar con eles pola aldea e coa aboa como anfitriona.

18/04/2011 00:20 sampedro #. Días especiais No hay comentarios. Comentar.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Piso novo

30-xullo-2010.Esta claro que este mes de xullo está sendo moi moi especial e cheo de cambios (todos para mellor...), non so para Adrián, tamén para todos nos. Acabamos de mercar o piso onde esperamos vivir moitos, moitos anos e Adrián está encantado porque está pretiño do cole, porque ten moitos parques arredor del, incluso un campo de futbol sa pechado...Nos tamén porque aquí sera onde viviremos e onde vivirá o noso novo fillo, e máis grande que o de Vía Norte, ten máis luz e máis habitacións, calefacción, garaxe... moitas ventaxas que hasta agora non disfrutabamos...En setembro agardamos mudarnos para el co desexo e a esperanza de que todo nos vaia perfecto na nosa nova casa

05/12/2010 22:33 sampedro #. Días especiais No hay comentarios. Comentar.

TEMOS BEBÉ.....

7-Xuño-2010. Un dos días máis importantes da vida de Adrián ata agora é tamén de cara ao seu futuro. Hoxe díxonos Cris que iamos ser un máis na familia, que ía ter un/unha irmán/á. A súa reacción foi extraordinaria, hai que ter en conta que era algo que xa pedira en varias ocasións e que nos dixera que lle gustaría ter. Enseguida empezou a facer plans sobre como trataría ó bebé, como nos axudaría a nos con el...e sobre todo a darlle bicos a nai na barriga, que é algo que repetirá casi todolos días. Foi un día moi, moi especial. Nos seguintes días, semanas e meses todo continuou máis ou menos igual: sempre falando do bebé, como lle leería contos, o levaría ó parque, xogaría con el, entreteríao...Sempre actuando coma un irmán maior super responsable e implicado co novo membro da familia. E un detalle dese mismo día: estalle Cris contando o contiño e levántase decindo vou facer un pis, resposta de Adrián: " ten cuidado no se te caiga el bebé".

.

18/09/2010 23:37 sampedro #. Días especiais No hay comentarios. Comentar.

INDEPENDENCIA

¡Qué forte! ...Alucinade. O outro día Adrián enfadouse conmigo e foise para a súa habitación, encerrouse e dixo que non entrara ninguén ó seu cuarto... cando saiu voteille unha charla sobre que esa non era a sua habitación que só era a habitación onde durmía, que a casa era da súa nai e miña...Ben, ahí acabou a cousa pero el debeu quedar rosmando e aos tres días pediume un folio, lápiz e catro trozos de celo...dinllos e deixeino. Pasado un rato funlle preguntar que qué fixera e contestoume sinalando para a porta da sua habitación, escribira no folio "Adrián no " e colgarao da porta do cuarto. Pregunteille que qué era aquilo e díxome que quixera escribir "Adrián no pasar" pero que non sabía escribir pasar...A mensaxe estaba clara.Con 4 anos.

10/07/2010 00:57 sampedro #. Cando era pequeno No hay comentarios. Comentar.

Hermanit@

O día 7 de xuño do 2010 Cris deunos unha das maiores alegrías das nosas vidas: ¡¡¡ a familia ía aumentar!!!. Adrián púxose moi contento ainda que todo o viviu con moita normalidade coma si fose algo esperado. Pero xa esa misma noite tivo dous detalles boísimos: estaba coa nai lendo un contiño e pola tarde mancárase nos xeonllos no parque e dixo "mamá voy a contarle a mi bebé como me hice estas heridas"... Ao pouco di Cris:  "vou facer un pis" e contestalle Adrián: "cuidado no se te caiga el bebé"...Bicos, caricias... todo para o seu bebé, está a ser moi, moi cariñoso ...co seu bebé.

10/07/2010 00:40 sampedro #. A miña familia No hay comentarios. Comentar.

DEBUT.

17/04/2010:  Hoxe foi o debut de Adrián co celta en partido "oficial". Onte pola mañá chamoume Ratcovich para dicirme si o neno podería ir xogar as 10:15 en samil. Puxenme tan nervioso pola inesperada chamada que penso que non lle dixen nada coherente nin con sentido como resposta. Cando llo contei a Adri el tamén se puxo moi contento e excitado. O sábado todos orgullosos e contentos fumos cara o campo, pero tivo que esperar casi ata as once para saltar ó césped co que xa estaba bantante canso e aburrido e por outra banda non coñecía a casi ningún dos compañeiros, xa que a gran maioría son dos que entrenan martes e xoves... a pesar destes inconvintes pasouno moi ben e fixo unha moi boa xogada pola banda. Estupendo.

25/04/2010 00:54 sampedro #. Días especiais No hay comentarios. Comentar.

MENORCA

28/3/2010-2/4/2010: Coincidindo coa semana santa deste ano a miña nai saiulle un curso en Menorca para ir ver o modelo das "escoletas" menorquinas (escolas infantis das illas), e alí nos fumos os tres rumbo a Menorca, montamos o noso Prius e fumos a Madrid a casa de Jose Antonio e Vanesa onde durmimos. O día seguinte leváronnos ó aeroporto onde collimos o avion para as illas onde chegamos a Mahon as 3 da tarde. Estábanos esperando o super bolido que teríamos durante os cinco días que permaneceríamos na illa: un Daewoo Matiz que non o deixamos peor do co atopamos porque era imposible. Fumos despois de comer ó que sería o noso centro de operacións: Ciudadella, nun apartamento moi chulo, pero frío, que alquiláramos en Cala Blanca a 100 m. da costa, ainda que Adrián se puxo moi triste e quería volver a toda costa para Vigo cando viu que non tiña piscina coma o hotel de Portugal, menos mal que logo descubrimos un bar preto que tiña futbolín ebilllar ó que iríamos todalas noites. Os dous primeiros días fixemos os mesmos percorridos: erguíamonos cedo, levavamos a Cris o curso e nos iamos percorrer a illa, logo volta a Ciudadella a comer con Cris e a levala a ver o que mais nos gustara de que nos viramos antes, volta a levala o curso, sesta de Adrián no coche e novas visitas a outros lugares, as 7 recollíamos a Cris iamos ver algo e ó bar da esquina a xogar ó billar e ó futbolín e casa. O mércores xa non houbo curso pola tarde e puidemos pasear mais detidamente e mais lonxe, no que cabe, á outra punta da illa. O xoves adicámolo a Mahón, a maior ciudade da illa e xa o venres ben cedo deixamos Menorca e voltamos a Madrid. A illa gustounos moito e vivimos momentos inesquecibles: empezando xa por estar por primeira vez nunha illa tanto tempo (Cris non que xa estivera vivindo en Fuerteventura), a primeira toma de contacto de Adrián coa auga do Mediterraneo (ainda que so foran os pes), a posta de sol que disfrutamos en Cala d’en Xoroi, todos os partidos de fútbol que xogamos nas plazas de todolos pobos de Menorca...e todo con moito sol (cando no resto de España chovia e facia frío), e unha cor dos ceos espectaculares...

13/04/2010 00:12 sampedro #. Viaxando polo mundo No hay comentarios. Comentar.

PICNIC

20100411231104-dscf2781.jpg

10/4/2010. Foi o de hoxe un día moi especial. Onte ó contarlle o conto pola noite cando ía durmir, Adrián fixouse no conto de Caillou que aparecía unha foto na que Caillou estaba de picnic coa súa familia. Coma hoxe tiñamos pensado ir á aldea, Adrián dixo que sería bo facer un picnic, coller un mantel e ir  merendar de monte. Así o fixemos e ese simple detalle fixo de un día na aldea (nos que que sempre o pasa moi ben, está contento...) un día moi, moi especial. Decidimos facelo no río, pedímoslle á bis un mantel pequeno, collemos a merenda e fumos cara ó río. Ó pasar pola casa de Dulcina estaba alí Anxo e levámolo coma compañía, co que Adrián tivo un motivo máis de festa e xa non se separaron en toda a tarde: foron facendo carreiras, tiraron pedras ó río, xogaron ó fútbol...A verdade é que o pasamos moi ben e penso que o do picnic repetirase moitas veces máis.

11/04/2010 23:13 sampedro #. Días especiais No hay comentarios. Comentar.

Debut co celta.

11/1/2010 Ollo a este día, foi o día no que Adrián foi por primeira vez entrenar co celta. Hai días nos que me sinto orgulloso de Adrián, moitos días de feito; e hai días nos que me sinto orgulloso de min coma pai. Pero hai outros, os sinalados coma inesquencibles, nos que se xuntan as  duas circunstancias. Ese foi un deses días: sentinme orgulloso del ao velo tan pequeniño alí entrenando, correndo coma  o que máis, disfrutando coma un anano, cantando a todo pulmón os goles que metía...e todo iso co vento, choiva, neboa e frío que facía ese luns na madroa, e sin importarlle nada máis co fútbol. E sentinme orgulloso de min mesmo por darlle esa posibiliade de disfrutar tanto como estaba disfrutando, de poder acompañalo, levalo, ollalo facendo iso que tanto o estaba enchendo. Non sei coma explicalo pero sei como me sentía eu e como se sentía el, e encantábame esa sensación que tiña polo moito que os dous estabámos disfrutando.

17/01/2010 01:49 sampedro #. Días especiais No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras

Contrato Coloriuris