Entroido 2008

20080211000715-galescola-178.jpg

Venres 1 de febreiro de 2008:

Hoxe foi o primeiro día do entroido de este ano, celebreino disfrazándome de indio e fun a escola así vestido.

Sábado 2 de febreiro:

¡¡¡O día grande do entroido!!!! Volvinme a vestir de indio, pero hoxe tamén se disfrazaron papi e mami. Xuntos baixamos pola tarde cara ao centro para disfrutar das comparsas e da cabalgata en compaña da aboa Pili .  Pola rúa moita xente quedaba a mirar para nós, e iso era porque nesta cidade moi pouca xente maior se disfraza. Cando chegamos á alameda, aquelo estaba ateigado de xente...nenos e nenas disfrazados con moitos modelos distintos: vaqueiros, amimais, noiva, astronauta... As comparsas que pasaron gustaronme bastante, sobre todo os que traían música: bailei moito con eles, batín palmas... eran os máis animados. Tamén me gustou unha comparsa que traía cabalos, eran moi grandes e moi bonitos, sorprendéronme moito. Pero co que o pasei mellor sin duda foi coa espada de neón que me mercou a avoa, paseino estupendamente. Xa pola noite voltamos para casa moi cansos ...e eu coa miña espada.

Domingo 3 de febreiro:

Volvín a vestirme de indio....e un pouco repetido, pero esta vez foi para ir a Bouzas a ver ao avó Tobi e a Rosa, e tamén para ir a casa dos avós onde comimos o cocido do entroido. A todos lles gustei moito.

Luns 4 de febreiro:

Por fin cambiei o vestido, disfraceime de sambero para ir así a "o xardín" e grabalo. Xa me veredes.

06/02/2008 23:43 Autor: sampedro. #. Tema: Celebracións.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.