U2

20080525180239-telefono-163.jpg

Xa dende moi pequeno, amosaches unha gran afición pola música: pandereta, guitarra, maracas, batería, tambor...foron algúns dos teus primeiros agasallos cos que  deleitabas aos veciños. Pero era sen dubida ver o concerto de U2, cantar con eles, saltar, imitar a Bono...un dos teus pasatempos favoritos. Vías o DVD unha e outra vez e non te cansabas, dabache a elexir entre ese e películas de debuxos animados e sempre elexías a U2; tanto era así que xa decías algunha palabra en inglés (whith or whithout you), localizabas todalas cancións por algún detalle: a do 1,2,3,14...a que sae a rapaza a bailar, a do globo, a dos violíns,a da guitarra verde,  e a da CAMISETA. Foi esta última a que me deu a idea de regalarche a camiseta do logotipo do metro de Londres (que é a mesma que lle tiran a Bono no concerto e este pon por riba). É unha homenaxe as víctimas do atentado do metro de Londres de 9 de xullo.Total  que mandei facerche a camiseta e regalamoscha, foi un  acerto total, non só pola cara que puxeches cando a viches, tamén foi un dos agasallos dos que me mostrei máis feliz tanto de dalo, como de mercalo, como de supoñer como reaccionarias cando cho deramos. E foi tal e coma o imaxinei. 

25/05/2008 18:02 Autor: sampedro. #. Tema: Gústame....

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.