Trens

Unha das cousas que máis me gustan desde que nacín son os trens. A miña tía Sonsoles regaloume o primeiro cando cumprín un ano, era de winny the poo, cangaroo, tiger... tiña música, un tunel, e xogei moito con el. Logo, nos reis do ano 2008, os meus pais regaláronme o tren de geo trax, tamén xogei moito , e sobre todo vin o video que viña con el, "caña a los railes" convertiuse no meu grito de guerra durante moito tempo. Por si esto fora pouco, moitos días vou pasear por vía norte para ver como marchan e chegan os trens; tamén me gusta moito velos por enriba da ponte que hai camiño das clases de música, os días que coincidimos con eles poñome moi, moi contento. Non fixen moitas viaxes en tren, pero si teño ido duas ou tres veces a Pontevedra e encantoume. Ah! esquecíame, nin que decir ten que na miña viaxe a Madrid para a boda de Vanesa e José Antonio, unha das cousas que máis me gustou foi o metro no que montei varias veces, e na viaxe a Asturias do 2008 o mellor momento foi a visita ao museo do tren.
