Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2008.

Nadando

Despois de dous veráns nos que apenas se quería meter na auga, hoxe Adrián sorprendeunos na praia de Bouzas (a praia de Toby como a chama el) cun largo baño no que tivo ganas de dar os seus primeiros pasos para aprender a nadar. Todo comenzou coa colchoneta do seu amigo David (o mesmo do parque de preto da casa), estaba nela a xogar cos seus pais e Adrián viuna e quixo probar tamén. Dimos unha volta nela e logo como a auga estaba quentiña collino pola cintura e metino para que  lle dera primeiro a os brazos e logo as pernas. Pasamos así uns dez minutos moi emocionantes para min e moi divertidos e novidosos para el. Por si fora pouco, logo quixo rematar a festa cun novo paseo pola auga na taboa de Pocoyo que lle regalara Noa polo seu cumpreanos, e na que facía o papel de capitán dun barco. Sin dubida foi un dia completo na auga.

04/08/2008 22:59 Autor: sampedro. #. Tema: Días especiais No hay comentarios. Comentar.

ASTURIAS

Na semana do 21 ao 27 de xullo fumos de vacacións a Asturias, pasando primeiro polo zoo de Marcelle en Lugo (o que máis lle gustou a Adrián foi a serpe pitón que había, de ahí que trouxera a serpe TOMASA de recordo) e pola muralla da cidade. Chegamos a Xixón o luns pola noite e dende ese día vimos moitísimos pobos, cidades, parques, lugares ...que nos encantaron e sorprenderon: Xixón coa praia de San Lorenzo ateigada de xente;  a súa praza maior onde Adrián xogou moito e tapeamos nunha sidrería; o museo do ferrocarril (sen dúbida o que máis lle gustou, e o que máis recorda, por eso a foto e dese lugar); o percorrido pola cidade no tren túristico; o parque preto da casa onde tiña que ir a subir ao columpio ao sair de casa e ao chegar todas as noites.... Colunga onde tamén o pasou moi ben no museo dos dinosaurios e de onde trouxo a DINO. Villaviciosa, onde quedou moi triste porque cando chegou a xogar ao parque empezou a chover "a cantaro"como repetía el. Oviedo onde  o pasou moi ben no Palacio dos nenos xogando con outros pequenos e no parque do centro comercial de Calatrava onde disfrutou dun "redondo", que non vira antes  de chegar a Asturias, e no que o pasaba pipa xirando na roda a outros nenos. Covadonga no que o que máis lle chamou a atención foi a auga na que se tiran as moedas ao pe da cova...O seu comportamento foi magnífico, e ainda que os dous primeiros días botava de menos a súa casa de Vía Norte e o dicía a miudo, pouco a pouco foille pasando e ao final da viaxe xa non o dicía ainda que si que cando lle dixemos que voltavamos púxose moi ledo.O cansancio parecía non facer mella nel, todos os días  erguíase cedo e deitabase tarde sen dar a entender que estivese canso. Tampouco a comida foi un problema para el, adaptouse ben e aínda que non comeu moito, non hai queixa. A súa frase favorita durante a viaxe foi sen dubida "papá espera que me ato" que o repetía incansable cada vez que subía na sua bici para pasear. Foron pois , uns días inesquecibles onde todo sucedeu tal e como desexabamos antes de partir, Asturias non nos defraudou nin moito menos, encantounos todo o que vimos e disfrutamos moito. Foron as primeiras vacacións dos tres xuntos e o único que nos queda e esperar que se repitan pronto.

09/08/2008 01:50 Autor: sampedro. #. Tema: Viaxando polo mundo No hay comentarios. Comentar.

Cumpreanos de Antón

Un día despois do meu primeiro cumpreanos naceu Antón. Como os seus pais e os meus son moi amigos nos tamén o somos, pasámolo moi ben xogando xuntos. Eu son o maior por iso gústalle a Antón xogar conmigo e a min gústame moito que el faga e repita as miñas cousas. Este verán eu cumprín tres anos, logo Antón cumpriu dous aniños e festexounos na súa casa de Cuntis por todo o alto. Pasámolo xenial, na piscina, na finca, coas pombas de xabón,e sobretodo abrindo os seus agasallos,...

15/08/2008 16:09 Autor: sampedro. #. Tema: Días especiais No hay comentarios. Comentar.

FIN DE SEMANA

O sábado 23 fumos cos pais de Antón e con el a pasar unha fin de semana estupenda e inesquecible. Quedamos nunha praia preto da Lanzada, alí xa o pasamos fenomenal ata ben chegada a tarde: comemos, xogamos coa táboa de Pocoyo, fixemos escalada, saltamos as olas...e queimámonos co sol. A media tarde fumos a tomar algo e a pasear polo Grove e xa a noitiña fumos para Cuntis onde ceamos e durmimos estupendamente na habitación de invitados. O domingo despois dun almorzo abundantísimo e preparado con todo cariño por Ana e Alberto, xogamos un rato ao tenis no patio o que me encantou;  logo fumos pasear pola beira do río ata o mosteiro onde mercamos unhas pastas moi ricas, e rematamos a mañá xogando no  parque. Despois de durmir a sesta fumos a correr: UNHA MARATÓN !!! 150 metros  un detrás do outro,  foi unha experiencia estupenda para min e para os meus pais ( e para Antón e os seus pais tamén), non podo dicir que gañara, pero cheguei ata o final e déronme unha medalla e por si fora pouco, divertinme moito. Logo pasamos o resto da tarde xogando ao fútbol na marabillosa finca que teñen ao pe da casa, foi estupendo: rin,  corrín, xoguei, ... foi xenial.  A tardiña xa, regresamos cara a casa, viña tan excitado que non durmín nada en todo o  camiño. Foi como podedes ver unha fin de semana estupenda, chea de xogos, risas, actividades... todos estivemos moi contentos e con Antón paseino xenial, levámonos e portámonos moi ben xuntos. Di meu pai que lle dea as gracias a Ana e Alberto que nos fixeron pasar dou días estupendos cheos de atencións e cariño para que nos sentiramos queridos e apreciados e coma si estiveramos na nosa casa ( ou mellor aínda porque esa casa é... unha casaza). Gracias por ser tan bos amigos.

25/08/2008 23:57 Autor: sampedro. #. Tema: Viaxando polo mundo No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]