Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2008.
Entroido 2008

Venres 1 de febreiro de 2008:
Hoxe foi o primeiro día do entroido de este ano, celebreino disfrazándome de indio e fun a escola así vestido.
Sábado 2 de febreiro:
¡¡¡O día grande do entroido!!!! Volvinme a vestir de indio, pero hoxe tamén se disfrazaron papi e mami. Xuntos baixamos pola tarde cara ao centro para disfrutar das comparsas e da cabalgata en compaña da aboa Pili . Pola rúa moita xente quedaba a mirar para nós, e iso era porque nesta cidade moi pouca xente maior se disfraza. Cando chegamos á alameda, aquelo estaba ateigado de xente...nenos e nenas disfrazados con moitos modelos distintos: vaqueiros, amimais, noiva, astronauta... As comparsas que pasaron gustaronme bastante, sobre todo os que traían música: bailei moito con eles, batín palmas... eran os máis animados. Tamén me gustou unha comparsa que traía cabalos, eran moi grandes e moi bonitos, sorprendéronme moito. Pero co que o pasei mellor sin duda foi coa espada de neón que me mercou a avoa, paseino estupendamente. Xa pola noite voltamos para casa moi cansos ...e eu coa miña espada.
Domingo 3 de febreiro:
Volvín a vestirme de indio....e un pouco repetido, pero esta vez foi para ir a Bouzas a ver ao avó Tobi e a Rosa, e tamén para ir a casa dos avós onde comimos o cocido do entroido. A todos lles gustei moito.
Luns 4 de febreiro:
Por fin cambiei o vestido, disfraceime de sambero para ir así a "o xardín" e grabalo. Xa me veredes.
Os Loureiros

A aldea do meu pai, a miña aldea chámase Os Loureiros, hoxe fumos despois de moito tempo e paseino moi ben. Fixen unha morea de cousas todas elas moi divertidas. O primeiro foi axudar na eira a limpala de herbas malas para poder prantar os amorodos. Logo fun co meu padriño e a miña nai a prantar un castiñeiro, Tino fixo un burato moi grande, logo eu boteille auga, tapámolo con terra e por último cubrimos a terra coa caca das vacas!! Díxome mamá que servía de abono.
A tarde paseina co sachiño cavando na eira man a man co meu pai e xa a noitiña fumos regar o mandarino, a árbore que prantamos o día da árbore do ano pasado, actividade que tamén me gustou moito.
Día estupendo de bo tempo en compaña da miña familia! Estou desexando que chegue o verán para encher a piscina!
Expresións
Adrián despois de bastante tempo na auga da bañeira dille a súa nai todo desgustado: Mira mamá tengo los dedos "aburridos" (arrugados).
Cando se porta mal soemos decirlle o noso neno que seus pais están tristes, cando pasa un tempo pregúntanos sempre: Estás contenta/o?
Papi te ayudo? é unha das súas frases preferidas
De tanto falarlle do importante que é deixar as cousas estes días cando ten algo nas máns dinos todo convencido: te lo presto,vale? para tu trabajo, vale? Luego me lo traes, vale?![]()
Qué hases Xoxe? outra das súas frases favoritas
A Adrián custalle un pouquiño quedarse durmido, a súa nai deitase con él, cando levan un tempo na cama dille con cara de bo: le voy a dar un bexo a papá, vale?![]()
Adián ten moi claro o xénero e o número das palabras asi que si de algo dicimos que "es un asco" , el ten moi claro que as cacas "son unas ascas".
Verbas suas:" atabición por habitación".
Problema para pronunciar o "c": tasa por casa, loto por loco, los por dos
A plastilina
As cousas que ten
- Gústalle máis ben pouquiño comer froita o noso neno . Divértelle moito "roubarlla" o seu pai . Hoxe na cea pregunteille se quería roubarlle unha pera o seu pai e Adrián díxome: una pera no, le robo su peti.
-Dialogo de Adrián coa sua nai no parque de Castrelos:
"Adrián vamos a ver los patos"
"¿En el estanque?!!!" .contesta Adrián todo euforico
"Si" !!! dice Cris con entusiasmo.
"Pues no", contesta el todo serio.
_Na panadería sempre lle preguntan si quere pan, el casi sempre di que si, pero raramente da as gracias;o outro día eu insistinlle para que as dera e el contestoume: "no puedo que tengo la boca llena"
-O outro día estaba na cociña e de repente dime Adrián: "Papá, ahora voy a ir al Eroski en mi moto, voy a coger un carrito y meter dentro algunas cosas que necesitamos, luego lo llevo a la caja, lo pago y lo traigo a casa en una bolsa vale?" "De acuerdo", contestolle eu. Pasados dous minutos, volta a cociña e dime:¿papá, qué te pareció la historia que te conté?.
_Sentados na aldea a beira do río a bisaboa, Adrián e máis eu que lle estaba dando a merenda, de supeto dime Adrián que debeu pensar no idílico e bucólico do momento que estabamos a vivir: "papá, aquí estamos estupendos eh?"
_(13-2-2009) Votolle unha pequena bronca a Adrián porque lle quere comer unha gominola de Cris e eu non quero que o faga porque e dela ( ainda que ela insiste en darlla). Eu insisto en que non a coma que lla mercamos para ela... pero deixoo , ao pouco eu xa estou no comedor e el berrame dende a cociña: papá, yo te quiero mucho y ahora me haces esto!!!
CARA DE FOTO

ESTA É A CARA QUE POÑO CANDO ME PIDEN QUE SORRÍA PARA A FOTO. GUAPO, VERDADE?
Carla

Esta nena tan grande é a afillada da miña nai. Vémonos pouco pero cando estamos xuntos pasámolo moi ben!
O meu papá e o mellor papá do mundo. Non se cansa de xogar conmigo, ensinarme cousas novas e sempre, sempre está acompañandome nos meus novos logros.
Grazas papi¡





