Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2008.

Durmindo

20080608015709-redondela-033.jpg

Unha das cousas que máis me gustan do día producese pola noite, ao remate da xornada cando xa canso, voume deitar. Ti deitaste primeiro coa tua nai a eso das dez e media da noite, contas un conto, xogas un pouco na cama, levantaste a por auga ou a darme o último bico... e por fin a eso das once e cuarto, once e media quedas durmido. Máis tarde eu poñoche o cueiro e tapote, e logo cando xa me vou deitar collote no colo para levarte a tua cama, douche outro bico e digoche que te quero moito e deitote na cama estirado,  boca arriba. Ti permaneces así un segundo pero logo, cun movemento so, poste de medio lado, doblas as pernas, pos as mans palma con palma e mételas debaixo da cara. Encántame, sorrío e voume deitar feliz.

08/06/2008 01:59 Autor: sampedro. #. Tema: Cando era pequeno No hay comentarios. Comentar.

Outra mirada

20080609003357-dscf6310.jpg

A "tita", a irmá do meu pai, deixoume unha cámara de fotos de cando ela era máis nova e agora ando todo o día facendo fotos a todo o mundo e a todas as cousas. Encántame imitar o meu pai!!! El tamén pasa todo o día facéndome fotos. O mellor de todo é cando quere que poses para facerche unha foto e diche: "papá, dice patata" para comelo.

09/06/2008 00:33 Autor: sampedro. #. Tema: Gústame... No hay comentarios. Comentar.

Trens

20080614003053-redondela-035.jpg

Unha das cousas que máis me gustan desde que nacín son os trens. A miña tía Sonsoles regaloume o primeiro  cando cumprín un ano, era de winny the poo, cangaroo, tiger... tiña música, un tunel, e xogei moito con el. Logo, nos reis do ano 2008, os meus pais regaláronme o tren de geo trax, tamén xogei moito , e sobre todo vin o video que viña con el, "caña a los railes" convertiuse no meu grito de guerra durante moito tempo. Por si esto fora pouco, moitos días vou pasear por vía norte para ver como marchan e chegan os trens; tamén me gusta moito velos por enriba da ponte que hai camiño das clases de música, os días que coincidimos con eles poñome moi, moi contento. Non fixen moitas viaxes en tren, pero si teño ido duas ou tres veces a Pontevedra e encantoume. Ah! esquecíame, nin que decir ten que na miña viaxe a Madrid para a boda de Vanesa e José Antonio, unha das cousas que máis me gustou foi o metro no que montei varias veces, e na viaxe a Asturias do 2008 o mellor momento foi a visita ao museo do tren.

20/06/2008 00:42 Autor: sampedro. #. Tema: Gústame... No hay comentarios. Comentar.

Parabéns.

20080624004103-dscf1607.jpg

Ola tita!!! Sei que estás hoxe de cumpreanos e quero felicitarte desde aquí para que todo o mundo o saiba. Moitas, moitas, moitísimas felicidades, pola tarde xa cho direi en persoa, e sopraremos unha vea xuntos, e comeremos un trociño de torta,  e cantaremos cumpreanos feliz, e abriremos agasallos, e porémosche a ti a coroa de raiña....xa estou nervioso. Un bico moi forte e  pasao ben cos teus/tuas compañeiros/as, non traballes moito hoxe. Quérote moitísimo tita.

24/06/2008 00:42 Autor: sampedro. #. Tema: Días especiais No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]