O CELTA

Iste é un tema que xa necesitara un ártigo propio fai moito tempo, pero é agora cando está alcanzando unhas cotas altísimas de obsesión en Adrián. Todo comenzou aos dous anos cando os avós regaláronlle a súa primeira equipaxe do equipo, pero bueno, puñao de vez en cando e vale.O ano pasado fumos en tres ou catro ocasións a Balaidos  velos xogar, e gustoulle moito. Iste verán a cousa xa foi a moito máis: o himno do celta en youtube hai que poñerllo mínimo cinco veces seguidas e pode chegar a escoitalo en 10 ou 15 ocasións; a camiseta e máis a equipaxe enteira que lle volveron regalar esta vez para o cuarto cumpreanos os avós,  hai que poñela tamén de continuo; na aldea e en Vigo pregúntalle a xente de que equipo é, e si non é do celta chamaos "chaqueteros". Pero houbo un detalle que me chamou moitísimo a atención e demostra ben as claras o que pasa pola súa mente: viña chorando do parque castigado porque estaba a portarse mal e el viña protestando, pedindo que o deixara volver... nun momento dado e diante da miña negativa espetoume "y ahora te voy a decir que eres del barça..." (lo peor para el é non ser do celta).

28/08/2009 23:49 Autor: sampedro. #. Tema: Gústame....

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.