Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2009.

NEVE

O sábado 6 de febreiro de 2009 foi un gran día para toda a familia e sobre todo para Adrián, e iso que parecía que os nosos plans non ían sair como planeáramos. Vouvolo contar: A idea era aproveitar a neve dos días anteriores para ir a aldea en plan turismo rural e disfrutar dela, pero cando nos levantamos...nada de frio nin de neve: sol e casi calor. Sin saber que faríamos ao final, saimos cara  Pontevedra a ver na Casa de Cultura a Almudena Janeiro cantando as súas cancións de CONTOS EN CANTOS. Pasámolo moi ben e ela cantou sensacional, o espectáculo foi moi animado e o público colaborou moito, ademáis xogábamos coa ventaxa de coñecer as cancións por telas visto no DVD. Logo fumos comer a un restaurante de pratos combinados e Adrián pasouno fenomenal porque tiñan unha zona de bolas que o mantivo moi entretido. Xa a tardiña non sabíamos moi ben que facer: ir a Mondariz, ou a Allariz, ou para a aldea onde non pensabamos que houbese nada de neve, e por riba a iso das cinco da tarde cando estábamos en Mondariz puxose a chover...Finalmente decidimos ir a aldea a pasala tarde dentro de casa...pero cando estabamos a chegar a Prado vin que no cumio das montañas había neve, non sabíamos canta pero o cumio víase branco. Empezamos a subir cara a Xestosa e cando xa casi estabamos arriba de todo...¡NEVE!  e moita, e moitos coches aparcados, e moita xente tirando bolas e facendo bonecos...unímonos a eles, Adrián estaba encantado, lanzou bolas, correu, riu, caiu...e non facía nada de frío (Cris por suposto si o tiña,ainda que aguantou ata o final e incluso se atreveu a empurrar unha gran bola de neve, ben por ela! ). Acabamos o día de turismo rural ceando e durmindo na maravillosa casa do padriño, por suposto nada que envexar a ningunha outra das que anuncian os folletos. Parecía que non o iamos lograr pero ao final vimos a neve, e foi unha aventura estupenda, un día compreto no que cantamos, rimos, xogamos, sacamos fotos...e un día inolvidable para Adrián especialmente: foi o día que descubriu a neve.

18/02/2009 00:53 Autor: sampedro. #. Tema: Días especiais No hay comentarios. Comentar.

Entroido 2009

O entroido empezou cedo este 2009 na nosa casa. O luns 16 de febreiro mercámoslle a Adrián o disfraz de este ano, tiñámolo claro dende o principio: SUPERHEROE, por iso o elexido foi superman, (na casa non paraba de querer xogar a loitar, corría pola rúa lanzando a rede de spiderman... todo un repertorio). Total que ese mismo luns xa se disfrazou en casa, estivo xogando... e o martes xa deu un pasiño mais: DURMIU CO TRAXE. Mercores e xoves todo o día disfrazado na casa xogando, loitando...e o venres, a escola co traxe. Ía contentísimo pola rúa sabéndose guapo e observado por todo o mundo (era o único disfrazado do autobus). As doce tivo a festa de disfraces na escola, todolos alumnos do colexio disfrazáronse coa temática da pintura: uns de pintores (entre eles o grupo de Adrián), outros de cadros, outros de grafiteros.. Adrián tivo un público de excepción: foron os avós, a bis e eu mesmo. Ese día xa o pasou todo el disfrazado: pola rúa, no parque...O sábado foi o  desfile, pasouno moi ben, xogou moito, sobre todo coa súa curmá que ía de paiaso... había moita xente pola rúa disfrazada. A estas alturas o traxe de superman xa estaba nas últimas, xa dera todo de si e estaba máis que amortizado, asi que decidimos mercarlle outro novo: o de batman (tamén con capa que era o mais lle gustaba do traxe), puxoo o domingo pero xa non tivo tanto éxito coma o outro. Luns pola mañan que non tivo cole voltou a disfrazarse pero pola tarde a situación cambiou: fumos  cortalo pelo e dende entón, e para non despeinarse xa nada foi igual, disfrazábase na casa pero pouquiño e na rúa nada. Os días posteriores, e creo que é un feito chamado a perdurar no tempo, disfrázase de superman e xoga conmigo a matar fantasmas pola casa adiante, a todas horas. Por certo, eu son spiderman.

27/02/2009 23:04 Autor: sampedro. #. Tema: Festas No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]