Se muestran los artículos pertenecientes al tema Festas.
Festexando o día do pai!

Son moitas as cousas que podo dicir do meu pai, pero creo que o máis especial é que sempre xoga conmigo, aos monstruos, aos superhéroes, á pelota, e logo tamén ensíname as súas aficións e as cousas interesantes, algunhas delas, como xa vos teño dito agora gústanme moito. Por iso, mamá, o día do pai, agasallounos con estas camisetas de U2. Felicidades papi!
Entroido 2009
O entroido empezou cedo este 2009 na nosa casa. O luns 16 de febreiro mercámoslle a Adrián o disfraz de este ano, tiñámolo claro dende o principio: SUPERHEROE, por iso o elexido foi superman, (na casa non paraba de querer xogar a loitar, corría pola rúa lanzando a rede de spiderman... todo un repertorio). Total que ese mismo luns xa se disfrazou en casa, estivo xogando... e o martes xa deu un pasiño mais: DURMIU CO TRAXE. Mercores e xoves todo o día disfrazado na casa xogando, loitando...e o venres, a escola co traxe. Ía contentísimo pola rúa sabéndose guapo e observado por todo o mundo (era o único disfrazado do autobus). As doce tivo a festa de disfraces na escola, todolos alumnos do colexio disfrazáronse coa temática da pintura: uns de pintores (entre eles o grupo de Adrián), outros de cadros, outros de grafiteros.. Adrián tivo un público de excepción: foron os avós, a bis e eu mesmo. Ese día xa o pasou todo el disfrazado: pola rúa, no parque...O sábado foi o desfile, pasouno moi ben, xogou moito, sobre todo coa súa curmá que ía de paiaso... había moita xente pola rúa disfrazada. A estas alturas o traxe de superman xa estaba nas últimas, xa dera todo de si e estaba máis que amortizado, asi que decidimos mercarlle outro novo: o de batman (tamén con capa que era o mais lle gustaba do traxe), puxoo o domingo pero xa non tivo tanto éxito coma o outro. Luns pola mañan que non tivo cole voltou a disfrazarse pero pola tarde a situación cambiou: fumos cortalo pelo e dende entón, e para non despeinarse xa nada foi igual, disfrazábase na casa pero pouquiño e na rúa nada. Os días posteriores, e creo que é un feito chamado a perdurar no tempo, disfrázase de superman e xoga conmigo a matar fantasmas pola casa adiante, a todas horas. Por certo, eu son spiderman.
Cumpreanos!!!!

Adrián faise maior, xa estamos no seu tercer aniversario.... o tempo pasa. O día comenzou recollendo agasallos en Bouzas no bar dos avos: unha mochila para o cole! . Seguiu con máis regalos na casa da avoa Pili un tren para ampliar o parque movil de geo trax. Logo de comer, fumos con algúns amigos e parte da familia ao monte do Vixiador a celebrar o cumpreanos ao aire libre: chegamos as seis da tarde para ir colocando as cousas: merenda, globos, xoguetes...pouco a pouco foron aparecendo os invitados con máis e máis agasallos: un carretillo, máis vías para os trens e un casco para a bici, unha canasta de baloncesto, un reproductor de Cds, un chandal e unha taboa de windsurf que co pouco que lle gusta meterse na auga non sei cando usará, contos, pinturas, xogos ...e unha bici. Xogamos moito, apagamos a vela e cantamos o cumpreanos feliz, xa tarde regresamos a casa e puxemo fin a un día inesquecibel, non sin antes ter unha última sorpresa, a visita inesperada de Carlos e da tita Loli.
Entroido 2008

Venres 1 de febreiro de 2008:
Hoxe foi o primeiro día do entroido de este ano, celebreino disfrazándome de indio e fun a escola así vestido.
Sábado 2 de febreiro:
¡¡¡O día grande do entroido!!!! Volvinme a vestir de indio, pero hoxe tamén se disfrazaron papi e mami. Xuntos baixamos pola tarde cara ao centro para disfrutar das comparsas e da cabalgata en compaña da aboa Pili . Pola rúa moita xente quedaba a mirar para nós, e iso era porque nesta cidade moi pouca xente maior se disfraza. Cando chegamos á alameda, aquelo estaba ateigado de xente...nenos e nenas disfrazados con moitos modelos distintos: vaqueiros, amimais, noiva, astronauta... As comparsas que pasaron gustaronme bastante, sobre todo os que traían música: bailei moito con eles, batín palmas... eran os máis animados. Tamén me gustou unha comparsa que traía cabalos, eran moi grandes e moi bonitos, sorprendéronme moito. Pero co que o pasei mellor sin duda foi coa espada de neón que me mercou a avoa, paseino estupendamente. Xa pola noite voltamos para casa moi cansos ...e eu coa miña espada.
Domingo 3 de febreiro:
Volvín a vestirme de indio....e un pouco repetido, pero esta vez foi para ir a Bouzas a ver ao avó Tobi e a Rosa, e tamén para ir a casa dos avós onde comimos o cocido do entroido. A todos lles gustei moito.
Luns 4 de febreiro:
Por fin cambiei o vestido, disfraceime de sambero para ir así a "o xardín" e grabalo. Xa me veredes.
