NEVE
O sábado 6 de febreiro de 2009 foi un gran día para toda a familia e sobre todo para Adrián, e iso que parecía que os nosos plans non ían sair como planeáramos. Vouvolo contar: A idea era aproveitar a neve dos días anteriores para ir a aldea en plan turismo rural e disfrutar dela, pero cando nos levantamos...nada de frio nin de neve: sol e casi calor. Sin saber que faríamos ao final, saimos cara Pontevedra a ver na Casa de Cultura a Almudena Janeiro cantando as súas cancións de CONTOS EN CANTOS. Pasámolo moi ben e ela cantou sensacional, o espectáculo foi moi animado e o público colaborou moito, ademáis xogábamos coa ventaxa de coñecer as cancións por telas visto no DVD. Logo fumos comer a un restaurante de pratos combinados e Adrián pasouno fenomenal porque tiñan unha zona de bolas que o mantivo moi entretido. Xa a tardiña non sabíamos moi ben que facer: ir a Mondariz, ou a Allariz, ou para a aldea onde non pensabamos que houbese nada de neve, e por riba a iso das cinco da tarde cando estábamos en Mondariz puxose a chover...Finalmente decidimos ir a aldea a pasala tarde dentro de casa...pero cando estabamos a chegar a Prado vin que no cumio das montañas había neve, non sabíamos canta pero o cumio víase branco. Empezamos a subir cara a Xestosa e cando xa casi estabamos arriba de todo...¡NEVE! e moita, e moitos coches aparcados, e moita xente tirando bolas e facendo bonecos...unímonos a eles, Adrián estaba encantado, lanzou bolas, correu, riu, caiu...e non facía nada de frío (Cris por suposto si o tiña,ainda que aguantou ata o final e incluso se atreveu a empurrar unha gran bola de neve, ben por ela! ). Acabamos o día de turismo rural ceando e durmindo na maravillosa casa do padriño, por suposto nada que envexar a ningunha outra das que anuncian os folletos. Parecía que non o iamos lograr pero ao final vimos a neve, e foi unha aventura estupenda, un día compreto no que cantamos, rimos, xogamos, sacamos fotos...e un día inolvidable para Adrián especialmente: foi o día que descubriu a neve.
0 comentarios