Blogia
O meu diario

2009

Quero facer un resumo, agora que xa está rematando o ano,do que lle está gustando nestes momentos aos 4 anos da sua vida:

-Na tele casi todos os debuxos animados gozan da sua simpatía, pero hai sobre todo dúas series que o teñen enganchado:"lazy town"(villa pereza) sobre todo con sportacus que é máis superheroe para el incluso que spiderman que era o seu favorito ata o de agora, palabras coma sporchuches soan a cada momento na nosa casa. A outra é BOB ESPONJA, nin me digades por que nin me pidades que faga comentarios ó respecto,  pero encantalle.

-O fútbol: por t.v. , no campo de Balaidos no que non perdemos nin un partido, co álbum de cromos que está a coleccionar, xogando na casa ou no parque... agora gustalle mais xogar de porteiro, e Falcón o do celta  é o seu ídolo. Vestirse co traxe do celta ou por as lubas de porteiro é diario..

-O parchís: na nosa casa, ou na dos avós, ou no bar con Rosa... é tamén a oca " de ota a ota y tiro porque me tota"... está enganchadísimo calquera hora é boa. Encántalle.

-Ese é o "top 3" dos seus gustos nestes momentos, pero tamén que nos disfracemos de superheroes é loitar, xogar ao voleibol no comedor, puzles...

 

0 comentarios