Blogia
O meu diario

PICNIC

PICNIC

10/4/2010. Foi o de hoxe un día moi especial. Onte ó contarlle o conto pola noite cando ía durmir, Adrián fixouse no conto de Caillou que aparecía unha foto na que Caillou estaba de picnic coa súa familia. Coma hoxe tiñamos pensado ir á aldea, Adrián dixo que sería bo facer un picnic, coller un mantel e ir  merendar de monte. Así o fixemos e ese simple detalle fixo de un día na aldea (nos que que sempre o pasa moi ben, está contento...) un día moi, moi especial. Decidimos facelo no río, pedímoslle á bis un mantel pequeno, collemos a merenda e fumos cara ó río. Ó pasar pola casa de Dulcina estaba alí Anxo e levámolo coma compañía, co que Adrián tivo un motivo máis de festa e xa non se separaron en toda a tarde: foron facendo carreiras, tiraron pedras ó río, xogaron ó fútbol...A verdade é que o pasamos moi ben e penso que o do picnic repetirase moitas veces máis.

0 comentarios