Blogia
O meu diario

MENORCA

28/3/2010-2/4/2010: Coincidindo coa semana santa deste ano a miña nai saiulle un curso en Menorca para ir ver o modelo das "escoletas" menorquinas (escolas infantis das illas), e alí nos fumos os tres rumbo a Menorca, montamos o noso Prius e fumos a Madrid a casa de Jose Antonio e Vanesa onde durmimos. O día seguinte leváronnos ó aeroporto onde collimos o avion para as illas onde chegamos a Mahon as 3 da tarde. Estábanos esperando o super bolido que teríamos durante os cinco días que permaneceríamos na illa: un Daewoo Matiz que non o deixamos peor do co atopamos porque era imposible. Fumos despois de comer ó que sería o noso centro de operacións: Ciudadella, nun apartamento moi chulo, pero frío, que alquiláramos en Cala Blanca a 100 m. da costa, ainda que Adrián se puxo moi triste e quería volver a toda costa para Vigo cando viu que non tiña piscina coma o hotel de Portugal, menos mal que logo descubrimos un bar preto que tiña futbolín ebilllar ó que iríamos todalas noites. Os dous primeiros días fixemos os mesmos percorridos: erguíamonos cedo, levavamos a Cris o curso e nos iamos percorrer a illa, logo volta a Ciudadella a comer con Cris e a levala a ver o que mais nos gustara de que nos viramos antes, volta a levala o curso, sesta de Adrián no coche e novas visitas a outros lugares, as 7 recollíamos a Cris iamos ver algo e ó bar da esquina a xogar ó billar e ó futbolín e casa. O mércores xa non houbo curso pola tarde e puidemos pasear mais detidamente e mais lonxe, no que cabe, á outra punta da illa. O xoves adicámolo a Mahón, a maior ciudade da illa e xa o venres ben cedo deixamos Menorca e voltamos a Madrid. A illa gustounos moito e vivimos momentos inesquecibles: empezando xa por estar por primeira vez nunha illa tanto tempo (Cris non que xa estivera vivindo en Fuerteventura), a primeira toma de contacto de Adrián coa auga do Mediterraneo (ainda que so foran os pes), a posta de sol que disfrutamos en Cala d’en Xoroi, todos os partidos de fútbol que xogamos nas plazas de todolos pobos de Menorca...e todo con moito sol (cando no resto de España chovia e facia frío), e unha cor dos ceos espectaculares...

0 comentarios