DEBUT.
17/04/2010: Hoxe foi o debut de Adrián co celta en partido "oficial". Onte pola mañá chamoume Ratcovich para dicirme si o neno podería ir xogar as 10:15 en samil. Puxenme tan nervioso pola inesperada chamada que penso que non lle dixen nada coherente nin con sentido como resposta. Cando llo contei a Adri el tamén se puxo moi contento e excitado. O sábado todos orgullosos e contentos fumos cara o campo, pero tivo que esperar casi ata as once para saltar ó césped co que xa estaba bantante canso e aburrido e por outra banda non coñecía a casi ningún dos compañeiros, xa que a gran maioría son dos que entrenan martes e xoves... a pesar destes inconvintes pasouno moi ben e fixo unha moi boa xogada pola banda. Estupendo.
0 comentarios