Blogia
O meu diario

Cando era pequeno

INDEPENDENCIA

¡Qué forte! ...Alucinade. O outro día Adrián enfadouse conmigo e foise para a súa habitación, encerrouse e dixo que non entrara ninguén ó seu cuarto... cando saiu voteille unha charla sobre que esa non era a sua habitación que só era a habitación onde durmía, que a casa era da súa nai e miña...Ben, ahí acabou a cousa pero el debeu quedar rosmando e aos tres días pediume un folio, lápiz e catro trozos de celo...dinllos e deixeino. Pasado un rato funlle preguntar que qué fixera e contestoume sinalando para a porta da sua habitación, escribira no folio "Adrián no " e colgarao da porta do cuarto. Pregunteille que qué era aquilo e díxome que quixera escribir "Adrián no pasar" pero que non sabía escribir pasar...A mensaxe estaba clara.Con 4 anos.

OS TIS

Viñeron os Reis e leváronse algo moi preciado para min: Os tis! Os meus pais estaban moi preocupados pero a verdade é que eu xa son un neno maior e prefiro xogar co tren que me trouxeron a cambio. Para todos os que me coñeceron de pequeno quedaralles o recordo de verme sempre con dous chupetes na boca e coma os metía na boca intercambiándoos incluso durmido moitas veces.

Durmindo

Durmindo

Unha das cousas que máis me gustan do día producese pola noite, ao remate da xornada cando xa canso, voume deitar. Ti deitaste primeiro coa tua nai a eso das dez e media da noite, contas un conto, xogas un pouco na cama, levantaste a por auga ou a darme o último bico... e por fin a eso das once e cuarto, once e media quedas durmido. Máis tarde eu poñoche o cueiro e tapote, e logo cando xa me vou deitar collote no colo para levarte a tua cama, douche outro bico e digoche que te quero moito e deitote na cama estirado,  boca arriba. Ti permaneces así un segundo pero logo, cun movemento so, poste de medio lado, doblas as pernas, pos as mans palma con palma e mételas debaixo da cara. Encántame, sorrío e voume deitar feliz.

Así era eu !

CARA DE FOTO

CARA DE FOTO

ESTA É A CARA QUE POÑO CANDO ME PIDEN QUE SORRÍA PARA A FOTO. GUAPO, VERDADE?