Blogia
O meu diario

Días especiais

Primeiro día de escola.

5-9-2011 Hoxe foi o primeiro día de Xavier na escola. É un día moi importante na súa vida, na presente e na futura.E tamén na miña. Todo o que rodeou o seu ingreso na escola é moi especial para min tamèn. Fai xa catro anos que a nosa vida xira un pouco arredor das galescolas: dende que me enterei que ían abrir as primeiras, mandar a primeira documentación para Cris facer os exámes,as charlas en galego para practicar o idioma, as viaxes a Oia e logo a Covelo, esperar as notas, a despedida de O Xardín, os primeiros meses de Cris en Oia sin nenos, logo a Santiago, máis e máis viaxes... a morte de Carlos fai un ano...e agora ter un fillo, matriculalo e que conseguise entrar na escola de Valadares. É moi emocionante e síntome moi privilexiado e feliz. Pero bueno, ó que dicía, hoxe foi o seu primeiro día. Viviuno coa maior normalidade: media hora na escola repartindo sorrisos para todas as educadoras, nin unha bagoa, nin unha protesta, so xogar. Mireino feliz, nun entorno ideal, con moitos xoguetes ó seu redor e cunhas educadoras, Iria e Araceli, que lle demostraron moito cariño e moita paixón polo seu traballo. Gracias a elas tamén, e a todo o personal da escola, por axudalo na súa andaina é por facerme sintir tan tranquilo sabendo que está con el@s.

Na aldea

17/4/2011.Hoxe foi un día moi especial. Fixemos a primeira viaxe con Xavier á aldea, e a verdade e que todo saiu estupendamente, el portouse moi moi ben e gustoulle moito a todos o que o viron, Adrián tamén o pasou moi ben xogando con Alba á que facía moito que non vía pero que xogaron e falaron coma si se viran todolos días.Foi un bo día no que me sentín moi afortunado polos meus dous fillos, por poder estar con eles pola aldea e coa aboa como anfitriona.

Piso novo

30-xullo-2010.Esta claro que este mes de xullo está sendo moi moi especial e cheo de cambios (todos para mellor...), non so para Adrián, tamén para todos nos. Acabamos de mercar o piso onde esperamos vivir moitos, moitos anos e Adrián está encantado porque está pretiño do cole, porque ten moitos parques arredor del, incluso un campo de futbol sa pechado...Nos tamén porque aquí sera onde viviremos e onde vivirá o noso novo fillo, e máis grande que o de Vía Norte, ten máis luz e máis habitacións, calefacción, garaxe... moitas ventaxas que hasta agora non disfrutabamos...En setembro agardamos mudarnos para el co desexo e a esperanza de que todo nos vaia perfecto na nosa nova casa

TEMOS BEBÉ.....

7-Xuño-2010. Un dos días máis importantes da vida de Adrián ata agora é tamén de cara ao seu futuro. Hoxe díxonos Cris que iamos ser un máis na familia, que ía ter un/unha irmán/á. A súa reacción foi extraordinaria, hai que ter en conta que era algo que xa pedira en varias ocasións e que nos dixera que lle gustaría ter. Enseguida empezou a facer plans sobre como trataría ó bebé, como nos axudaría a nos con el...e sobre todo a darlle bicos a nai na barriga, que é algo que repetirá casi todolos días. Foi un día moi, moi especial. Nos seguintes días, semanas e meses todo continuou máis ou menos igual: sempre falando do bebé, como lle leería contos, o levaría ó parque, xogaría con el, entreteríao...Sempre actuando coma un irmán maior super responsable e implicado co novo membro da familia. E un detalle dese mismo día: estalle Cris contando o contiño e levántase decindo vou facer un pis, resposta de Adrián: " ten cuidado no se te caiga el bebé".

.

DEBUT.

17/04/2010:  Hoxe foi o debut de Adrián co celta en partido "oficial". Onte pola mañá chamoume Ratcovich para dicirme si o neno podería ir xogar as 10:15 en samil. Puxenme tan nervioso pola inesperada chamada que penso que non lle dixen nada coherente nin con sentido como resposta. Cando llo contei a Adri el tamén se puxo moi contento e excitado. O sábado todos orgullosos e contentos fumos cara o campo, pero tivo que esperar casi ata as once para saltar ó césped co que xa estaba bantante canso e aburrido e por outra banda non coñecía a casi ningún dos compañeiros, xa que a gran maioría son dos que entrenan martes e xoves... a pesar destes inconvintes pasouno moi ben e fixo unha moi boa xogada pola banda. Estupendo.

PICNIC

PICNIC

10/4/2010. Foi o de hoxe un día moi especial. Onte ó contarlle o conto pola noite cando ía durmir, Adrián fixouse no conto de Caillou que aparecía unha foto na que Caillou estaba de picnic coa súa familia. Coma hoxe tiñamos pensado ir á aldea, Adrián dixo que sería bo facer un picnic, coller un mantel e ir  merendar de monte. Así o fixemos e ese simple detalle fixo de un día na aldea (nos que que sempre o pasa moi ben, está contento...) un día moi, moi especial. Decidimos facelo no río, pedímoslle á bis un mantel pequeno, collemos a merenda e fumos cara ó río. Ó pasar pola casa de Dulcina estaba alí Anxo e levámolo coma compañía, co que Adrián tivo un motivo máis de festa e xa non se separaron en toda a tarde: foron facendo carreiras, tiraron pedras ó río, xogaron ó fútbol...A verdade é que o pasamos moi ben e penso que o do picnic repetirase moitas veces máis.

Debut co celta.

11/1/2010 Ollo a este día, foi o día no que Adrián foi por primeira vez entrenar co celta. Hai días nos que me sinto orgulloso de Adrián, moitos días de feito; e hai días nos que me sinto orgulloso de min coma pai. Pero hai outros, os sinalados coma inesquencibles, nos que se xuntan as  duas circunstancias. Ese foi un deses días: sentinme orgulloso del ao velo tan pequeniño alí entrenando, correndo coma  o que máis, disfrutando coma un anano, cantando a todo pulmón os goles que metía...e todo iso co vento, choiva, neboa e frío que facía ese luns na madroa, e sin importarlle nada máis co fútbol. E sentinme orgulloso de min mesmo por darlle esa posibiliade de disfrutar tanto como estaba disfrutando, de poder acompañalo, levalo, ollalo facendo iso que tanto o estaba enchendo. Non sei coma explicalo pero sei como me sentía eu e como se sentía el, e encantábame esa sensación que tiña polo moito que os dous estabámos disfrutando.

Neve en Vigo

Neve en Vigo

Facía moito tempo, din que 23 anos que non nevaba en  Vigo, eu estaba no CUVI, e recordo aquel día coma si fora hoxe. Foi un día incrible no que o pasei... bolas de neve, tirándonos pola ladeira coa alfombriña do meu 127...pero sobre todo co percorrido que fixeramos dende a facultade ao bois de bologne (o bar que hai en Zamáns), onde ao chegar tivemos que por toda a roupa a secar na chimenea...e de remate pola tarde tivo que ir a garda civil arriba para que poideramos baixar, en fin, todos uns universitarios. Bueno, deixome de batallitas do avó cebolleta. O caso e que este domingo nevou en Vigo; dende que o vimos pola ventá a emoción apoderouse de nós: vestímonos axiña, Adrián as suas botas de tabairón con dentes e todo, e baixamos a rúa. Ainda que Adrián xa xogara coa neve o ano pasado na aldea, e polo tanto xa a vira, ésta era a primeira vez que lle caían os copos por riba del. O caso é que tampouco era moita a nevada na cidade asi que pola tarde subimos ao CUVI, alí xa era intensa a nevarada pero Adrián foi dormido ata arriba e espertou sin moitas ganas nin de pasar frío nin de xogar, preferiu quedar no coche coa nai despois de pisar mínimamente a neve e de tirar un par de bolas ao coche sin moita gana. Pero bueno, para pasalo ben xa estaba eu. Cris no coche coa alerxia...

SEMANA INTENSA

Ista semana do 15 ao 21 de xunio trouxonos moitos días especiais, imos velos polo miudo:

-Luns: despedida do curso de música en Mayeusis, era o segundo ano de Adrián no grupo Cucú coa profesora Puri. Fíxose unha xornada de portas abertas para os pais á que asístimos e pasámolo todos moi ben: cantamos, bailamos, xogamos...

-Mércores: último día tamén da actividade de predeporte coa profesora Bea, foron só cinco meses de relación, pero Adrián estaba encantado con istas clases nas que corría, saltaba, facía volteretas....

-Venres: remate do seu primeiro curso escolar ¿¿¿¿¿xa????? foi moi intenso. Foron moitos os días nos que o pasou moi ben (no bus, con moitos amigos, cando traía os traballos para casa, cando facía algún traballo para nos....) e poucos os días nos que se queixara por ir. Penso que foi unha boa experiencia para el, que tivo boa relación cos seus compañeiros e moito apoio da súa profesora Mari Carmen, da profe de maxia Mara e de Rosa a da biblioteca.

-Sábado: fumos ao monte dos pozos ao cumpreanos de Carlos, un dos seus compañeiros de clase e o único que fixo festa para celebralo. Pasámolo moi ben, nun día de moito calor onde Adrián disfrutou do lindo coa súa pistola de auga.

Xa se ve que foi unha semana intensa con moitos, moitos días especiais.

Sol, solito!

Sol, solito!

E chegou o bo tempo e gozei coma un anano!

O pasado domingo día 15 (marzo 2009) foi o primeiro de praia deste ano. Por suposto quen máis gozou da xornada foi Adrián, quen hasta hoxe fora bastante reticente a isto de bañarse ou tan siquera meterse na auga, pero hoxe...Dende o primeio momento achegouse a orilla e empezou a meterse aínda que estivesemos en marzo, auga estivese bastante fria, houbese un pouco de oleaxe,  e que incluso  caise en varias ocasións. Gzouou coma un anano, unha e outra vez entraba e saía da auga correndo e rindo coma si fose a primeira vez que ía a praia. Teño que dicir que si el se mostraba contento e entusiasmado, eu non o estaba menos sacándolle fotos e vendo a súa felicidade, inocencia e alegría. Foi unha xornada festiva e moi moi pasada por auga.

NEVE

O sábado 6 de febreiro de 2009 foi un gran día para toda a familia e sobre todo para Adrián, e iso que parecía que os nosos plans non ían sair como planeáramos. Vouvolo contar: A idea era aproveitar a neve dos días anteriores para ir a aldea en plan turismo rural e disfrutar dela, pero cando nos levantamos...nada de frio nin de neve: sol e casi calor. Sin saber que faríamos ao final, saimos cara  Pontevedra a ver na Casa de Cultura a Almudena Janeiro cantando as súas cancións de CONTOS EN CANTOS. Pasámolo moi ben e ela cantou sensacional, o espectáculo foi moi animado e o público colaborou moito, ademáis xogábamos coa ventaxa de coñecer as cancións por telas visto no DVD. Logo fumos comer a un restaurante de pratos combinados e Adrián pasouno fenomenal porque tiñan unha zona de bolas que o mantivo moi entretido. Xa a tardiña non sabíamos moi ben que facer: ir a Mondariz, ou a Allariz, ou para a aldea onde non pensabamos que houbese nada de neve, e por riba a iso das cinco da tarde cando estábamos en Mondariz puxose a chover...Finalmente decidimos ir a aldea a pasala tarde dentro de casa...pero cando estabamos a chegar a Prado vin que no cumio das montañas había neve, non sabíamos canta pero o cumio víase branco. Empezamos a subir cara a Xestosa e cando xa casi estabamos arriba de todo...¡NEVE!  e moita, e moitos coches aparcados, e moita xente tirando bolas e facendo bonecos...unímonos a eles, Adrián estaba encantado, lanzou bolas, correu, riu, caiu...e non facía nada de frío (Cris por suposto si o tiña,ainda que aguantou ata o final e incluso se atreveu a empurrar unha gran bola de neve, ben por ela! ). Acabamos o día de turismo rural ceando e durmindo na maravillosa casa do padriño, por suposto nada que envexar a ningunha outra das que anuncian os folletos. Parecía que non o iamos lograr pero ao final vimos a neve, e foi unha aventura estupenda, un día compreto no que cantamos, rimos, xogamos, sacamos fotos...e un día inolvidable para Adrián especialmente: foi o día que descubriu a neve.

O cole de maiores

Esta é unha das cousas que me fan ver que depresa pasa o tempo e que maior se vai facendo Adrián; sempre  dicimos "cando vaia ao cole"  coma algo lonxano casi inalcanzable, pois ben, xa está aquí. O día 15 tivemos a primeira reunión coa nova mestra Mari Carmen, e hoxe día 19 de septembro, empezou o cole. Empezouno moi ben, moi contento, fumos acompañalo sua nai e eu, e ia rindo, entusiasmado e espectante, dicía que el axudaría a os outros nenos si choraban. Non lle custou traballo separarse de nos, foi facer a fila sin problemas e ahí se meteu para dentro sin máis. As doce cando o fumos recoller as cousas xa non ian igual, saíu chorando, era o único que o facía. Choraba moito, logo dixonos que un neno lle tirara no descanso area nos ollos e nunha orella... non puidemos disfrutar do dibuxo que traía na man, nin facerlle outras preguntas ... estaba moi triste. Tiñamos tanta ilusión nese momento da saída do seu primer día de cole, pero bueno a partir de hoxe, estou seguro que habera moitos días moito mellores, a súa carreira nas aulas acaba so de comenzar. Sorte.

Cumpreanos de Antón

Un día despois do meu primeiro cumpreanos naceu Antón. Como os seus pais e os meus son moi amigos nos tamén o somos, pasámolo moi ben xogando xuntos. Eu son o maior por iso gústalle a Antón xogar conmigo e a min gústame moito que el faga e repita as miñas cousas. Este verán eu cumprín tres anos, logo Antón cumpriu dous aniños e festexounos na súa casa de Cuntis por todo o alto. Pasámolo xenial, na piscina, na finca, coas pombas de xabón,e sobretodo abrindo os seus agasallos,...

Nadando

Despois de dous veráns nos que apenas se quería meter na auga, hoxe Adrián sorprendeunos na praia de Bouzas (a praia de Toby como a chama el) cun largo baño no que tivo ganas de dar os seus primeiros pasos para aprender a nadar. Todo comenzou coa colchoneta do seu amigo David (o mesmo do parque de preto da casa), estaba nela a xogar cos seus pais e Adrián viuna e quixo probar tamén. Dimos unha volta nela e logo como a auga estaba quentiña collino pola cintura e metino para que  lle dera primeiro a os brazos e logo as pernas. Pasamos así uns dez minutos moi emocionantes para min e moi divertidos e novidosos para el. Por si fora pouco, logo quixo rematar a festa cun novo paseo pola auga na taboa de Pocoyo que lle regalara Noa polo seu cumpreanos, e na que facía o papel de capitán dun barco. Sin dubida foi un dia completo na auga.

Parabéns.

Parabéns.

Ola tita!!! Sei que estás hoxe de cumpreanos e quero felicitarte desde aquí para que todo o mundo o saiba. Moitas, moitas, moitísimas felicidades, pola tarde xa cho direi en persoa, e sopraremos unha vea xuntos, e comeremos un trociño de torta,  e cantaremos cumpreanos feliz, e abriremos agasallos, e porémosche a ti a coroa de raiña....xa estou nervioso. Un bico moi forte e  pasao ben cos teus/tuas compañeiros/as, non traballes moito hoxe. Quérote moitísimo tita.