Os Loureiros

A aldea do meu pai, a miña aldea chámase Os Loureiros, hoxe fumos despois de moito tempo e paseino moi ben. Fixen unha morea de cousas todas elas moi divertidas. O primeiro foi axudar na eira a limpala de herbas malas para poder prantar os amorodos. Logo fun co meu padriño e a miña nai a prantar un castiñeiro, Tino fixo un burato moi grande, logo eu boteille auga, tapámolo con terra e por último cubrimos a terra coa caca das vacas!! Díxome mamá que servía de abono.
A tarde paseina co sachiño cavando na eira man a man co meu pai e xa a noitiña fumos regar o mandarino, a árbore que prantamos o día da árbore do ano pasado, actividade que tamén me gustou moito.
Día estupendo de bo tempo en compaña da miña familia! Estou desexando que chegue o verán para encher a piscina!
