Anécdotas en Madrid.
Xa se sabe que cos nenos non se xoga e que sempre din a verdade, atención ós detalles de Adrián en Madrid:
-Antes de ir á Warner o domingo, almorzamos nunha cafetería, pedimos duas de porras, dous cafés e unha de churros para Adrián que lle encantan. Trouxo todo unha camareira moi simpática e cando Cris e máis eu xa estabamos comendo érguese Adri da mesa, alonxase uns cinco metros para falar con ela moi enérxico e xesticulando aínda que nos non o oubiamos. Pasados 15 segundos volta a sentar e ven a camareira detrás: "mirar, ¿cuántos años tiene?" "3" "ahhhh" "pero, ¿qué te dijo?" "qué cómo le ponía unos churros con esa forma (de lazo) que a él le gustan en forma de palito".....
-O domingo despois de estar todo o día xogando na Warner, estabamos esperando o bus que tiña que chegar ás 9:45 para levarnos ao hotel, pero retrasábase e Adrián quería seguir xogando :ao escondite, a correr a pata coxa, ao escondite inglés... eu xa non sabía coma paralo, deron as 10., as 10:10 ...e xa falei con el: "Adrián papá está moi cansado porque xa xogamos moito e tamén estou moi enfadado porque o bus xa tiña que ter chegado e non acaba de vir". Pareceu comprendelo e parou; ao pouco chegou o bus, subimos nós e outras tres personas, arrancamos , e de súpeto oubese a Adrián alto e claro: "sabes, mi papá está muy enfadado porque tardaste mucho en llegar". Sin palabras, e eu non sabía onde meterme.
-
