Nadando
Despois de dous veráns nos que apenas se quería meter na auga, hoxe Adrián sorprendeunos na praia de Bouzas (a praia de Toby como a chama el) cun largo baño no que tivo ganas de dar os seus primeiros pasos para aprender a nadar. Todo comenzou coa colchoneta do seu amigo David (o mesmo do parque de preto da casa), estaba nela a xogar cos seus pais e Adrián viuna e quixo probar tamén. Dimos unha volta nela e logo como a auga estaba quentiña collino pola cintura e metino para que lle dera primeiro a os brazos e logo as pernas. Pasamos así uns dez minutos moi emocionantes para min e moi divertidos e novidosos para el. Por si fora pouco, logo quixo rematar a festa cun novo paseo pola auga na taboa de Pocoyo que lle regalara Noa polo seu cumpreanos, e na que facía o papel de capitán dun barco. Sin dubida foi un dia completo na auga.
