ASTURIAS
Na semana do 21 ao 27 de xullo fumos de vacacións a Asturias, pasando primeiro polo zoo de Marcelle en Lugo (o que máis lle gustou a Adrián foi a serpe pitón que había, de ahí que trouxera a serpe TOMASA de recordo) e pola muralla da cidade. Chegamos a Xixón o luns pola noite e dende ese día vimos moitísimos pobos, cidades, parques, lugares ...que nos encantaron e sorprenderon: Xixón coa praia de San Lorenzo ateigada de xente; a súa praza maior onde Adrián xogou moito e tapeamos nunha sidrería; o museo do ferrocarril (sen dúbida o que máis lle gustou, e o que máis recorda, por eso a foto e dese lugar); o percorrido pola cidade no tren túristico; o parque preto da casa onde tiña que ir a subir ao columpio ao sair de casa e ao chegar todas as noites.... Colunga onde tamén o pasou moi ben no museo dos dinosaurios e de onde trouxo a DINO. Villaviciosa, onde quedou moi triste porque cando chegou a xogar ao parque empezou a chover "a cantaro"como repetía el. Oviedo onde o pasou moi ben no Palacio dos nenos xogando con outros pequenos e no parque do centro comercial de Calatrava onde disfrutou dun "redondo", que non vira antes de chegar a Asturias, e no que o pasaba pipa xirando na roda a outros nenos. Covadonga no que o que máis lle chamou a atención foi a auga na que se tiran as moedas ao pe da cova...O seu comportamento foi magnífico, e ainda que os dous primeiros días botava de menos a súa casa de Vía Norte e o dicía a miudo, pouco a pouco foille pasando e ao final da viaxe xa non o dicía ainda que si que cando lle dixemos que voltavamos púxose moi ledo.O cansancio parecía non facer mella nel, todos os días erguíase cedo e deitabase tarde sen dar a entender que estivese canso. Tampouco a comida foi un problema para el, adaptouse ben e aínda que non comeu moito, non hai queixa. A súa frase favorita durante a viaxe foi sen dubida "papá espera que me ato" que o repetía incansable cada vez que subía na sua bici para pasear. Foron pois , uns días inesquecibles onde todo sucedeu tal e como desexabamos antes de partir, Asturias non nos defraudou nin moito menos, encantounos todo o que vimos e disfrutamos moito. Foron as primeiras vacacións dos tres xuntos e o único que nos queda e esperar que se repitan pronto.
