Blogia
O meu diario

Viaxando polo mundo

MENORCA

28/3/2010-2/4/2010: Coincidindo coa semana santa deste ano a miña nai saiulle un curso en Menorca para ir ver o modelo das "escoletas" menorquinas (escolas infantis das illas), e alí nos fumos os tres rumbo a Menorca, montamos o noso Prius e fumos a Madrid a casa de Jose Antonio e Vanesa onde durmimos. O día seguinte leváronnos ó aeroporto onde collimos o avion para as illas onde chegamos a Mahon as 3 da tarde. Estábanos esperando o super bolido que teríamos durante os cinco días que permaneceríamos na illa: un Daewoo Matiz que non o deixamos peor do co atopamos porque era imposible. Fumos despois de comer ó que sería o noso centro de operacións: Ciudadella, nun apartamento moi chulo, pero frío, que alquiláramos en Cala Blanca a 100 m. da costa, ainda que Adrián se puxo moi triste e quería volver a toda costa para Vigo cando viu que non tiña piscina coma o hotel de Portugal, menos mal que logo descubrimos un bar preto que tiña futbolín ebilllar ó que iríamos todalas noites. Os dous primeiros días fixemos os mesmos percorridos: erguíamonos cedo, levavamos a Cris o curso e nos iamos percorrer a illa, logo volta a Ciudadella a comer con Cris e a levala a ver o que mais nos gustara de que nos viramos antes, volta a levala o curso, sesta de Adrián no coche e novas visitas a outros lugares, as 7 recollíamos a Cris iamos ver algo e ó bar da esquina a xogar ó billar e ó futbolín e casa. O mércores xa non houbo curso pola tarde e puidemos pasear mais detidamente e mais lonxe, no que cabe, á outra punta da illa. O xoves adicámolo a Mahón, a maior ciudade da illa e xa o venres ben cedo deixamos Menorca e voltamos a Madrid. A illa gustounos moito e vivimos momentos inesquecibles: empezando xa por estar por primeira vez nunha illa tanto tempo (Cris non que xa estivera vivindo en Fuerteventura), a primeira toma de contacto de Adrián coa auga do Mediterraneo (ainda que so foran os pes), a posta de sol que disfrutamos en Cala d’en Xoroi, todos os partidos de fútbol que xogamos nas plazas de todolos pobos de Menorca...e todo con moito sol (cando no resto de España chovia e facia frío), e unha cor dos ceos espectaculares...

Anécdotas en Madrid.

Xa se sabe que cos nenos non se xoga e que sempre din a verdade, atención ós detalles de Adrián en Madrid:

-Antes de ir á Warner o domingo, almorzamos nunha cafetería, pedimos duas de porras, dous cafés e unha de churros para Adrián que lle encantan. Trouxo todo unha camareira moi simpática e cando Cris e máis eu xa estabamos comendo érguese Adri da mesa, alonxase uns cinco metros para falar con ela moi enérxico e xesticulando aínda que nos non o oubiamos. Pasados 15 segundos volta a sentar e ven a camareira detrás: "mirar, ¿cuántos años tiene?" "3" "ahhhh" "pero, ¿qué te dijo?" "qué cómo le ponía unos churros con esa forma (de lazo) que a él le gustan en forma de palito".....

 

-O domingo despois de estar todo o día xogando na Warner, estabamos esperando o bus que tiña que chegar ás 9:45 para levarnos ao hotel, pero retrasábase e Adrián quería seguir xogando :ao escondite, a correr a pata coxa, ao escondite inglés... eu xa non  sabía coma paralo, deron as 10., as 10:10 ...e xa falei con el: "Adrián papá está moi cansado porque xa xogamos moito e tamén estou moi enfadado porque o bus xa tiña que ter chegado e non acaba de vir". Pareceu comprendelo e parou; ao pouco chegou o bus, subimos  nós e outras tres personas, arrancamos , e de súpeto oubese a Adrián alto e claro: "sabes, mi papá está muy enfadado porque tardaste mucho en llegar". Sin palabras,  e eu non sabía onde meterme.

-

MADRID

O fin de semana do 9 de maio foi moi, moi especial. Comezamos o día 9 ás 3:30 da tarde subindo ao tren de camiño a Santiago onde ía despegar o noso avión ás 10 da noite hacia Madrid. A viaxe foi espectacular, Adrián pasara toda a semana preguntando moi nervioso cando era o sábado para ir en avión, e cando chegou o momento el ía tan tranquilo pegando as súas pegatinas nun libro sin dárlle máis importancia ao feito tan novo que estaba vivindo neses intres. Eu non me mareei nada nin tiven medo no que era tamén a miña primeira viaxe en avión, pero mamá si que tivo un pouco de medo e pasouno un pouquiño mal. Chegamos sen sorpresas a Madrid ás 12 onde collemos un bus que nos levou ao hotel máis grande de Europa onde durmiríamos. Espertamos cedo (mamá e Adrián) coma sempre, e CHOVÍA, pero nada nos ía estropear o plan que tiñamos para o domingo: ir ao parque Wagner!!!!! de feito xa tiñamos as entradas. Pouco a pouco foi despexando e despois do almorzo , con porras por suposto, de coller bus, tren e metro, para cando chegamos xa facía un día estupendo de sol. O parque era alucinante, nada máis entrar xa nos estaban esperando os LOONY TOONS cun baile de benvida, (papá incluso osou bailar con Pablo Mármol). Logo fumos a zona infantil onde Adrián pudo subir en todo sin agardar moitas colas: coches de choque, autobús volador, cohetes, tazas xiratorias, conducir un camión levándonos a nos detrás... O punto final dos actos da mañán foi ver outro espectáculo dos Loony, fotos con eles,baile, cantos... e así rematamos . Comida, sesta medio reparadora nun banco do propio parque e máis festa: subimos no coche de Batman para axudalo nunha misión, e nova volta a todas as atraccións da zona infantil. Xa era tarde e saímos de alí con moita pena pero prometendo voltar a subir a atracción de auga na que no nos deixaran subir porque Adri non era suficientemente alto. Metro, tren, bus e cama. O luns tamén foi un día especial: fumos remar ao parque do retiro (coa axuda de Adrián que o fixo con bastante ben) onde o pasamos estupendamente, foi case o mellor momento da viaxe, e só por eses 45 minutos que pasamos alí,tan tranquilos e relaxados no lago, xa mereceu a pena ter ido a Madrid. Logo comimos e paseamos por Madrid: porta do sol, praza maior, opera, rúa arenal....Adrián e mamá xa tarde voltaron ao hotel e eu fun alucinar do concerto de Antony and the Johnsons. O martes volvemos coller o avión de volta nunha viaxe que aínda resultou máis tranquila  ca anterior, de feito Adri durmiu un rato!!! .Chegada a nosa casa á que ao pesar do ben que o pasara Adrián parecía botar moito de menos.

  

FIN DE SEMANA

O sábado 23 fumos cos pais de Antón e con el a pasar unha fin de semana estupenda e inesquecible. Quedamos nunha praia preto da Lanzada, alí xa o pasamos fenomenal ata ben chegada a tarde: comemos, xogamos coa táboa de Pocoyo, fixemos escalada, saltamos as olas...e queimámonos co sol. A media tarde fumos a tomar algo e a pasear polo Grove e xa a noitiña fumos para Cuntis onde ceamos e durmimos estupendamente na habitación de invitados. O domingo despois dun almorzo abundantísimo e preparado con todo cariño por Ana e Alberto, xogamos un rato ao tenis no patio o que me encantou;  logo fumos pasear pola beira do río ata o mosteiro onde mercamos unhas pastas moi ricas, e rematamos a mañá xogando no  parque. Despois de durmir a sesta fumos a correr: UNHA MARATÓN !!! 150 metros  un detrás do outro,  foi unha experiencia estupenda para min e para os meus pais ( e para Antón e os seus pais tamén), non podo dicir que gañara, pero cheguei ata o final e déronme unha medalla e por si fora pouco, divertinme moito. Logo pasamos o resto da tarde xogando ao fútbol na marabillosa finca que teñen ao pe da casa, foi estupendo: rin,  corrín, xoguei, ... foi xenial.  A tardiña xa, regresamos cara a casa, viña tan excitado que non durmín nada en todo o  camiño. Foi como podedes ver unha fin de semana estupenda, chea de xogos, risas, actividades... todos estivemos moi contentos e con Antón paseino xenial, levámonos e portámonos moi ben xuntos. Di meu pai que lle dea as gracias a Ana e Alberto que nos fixeron pasar dou días estupendos cheos de atencións e cariño para que nos sentiramos queridos e apreciados e coma si estiveramos na nosa casa ( ou mellor aínda porque esa casa é... unha casaza). Gracias por ser tan bos amigos.

ASTURIAS

Na semana do 21 ao 27 de xullo fumos de vacacións a Asturias, pasando primeiro polo zoo de Marcelle en Lugo (o que máis lle gustou a Adrián foi a serpe pitón que había, de ahí que trouxera a serpe TOMASA de recordo) e pola muralla da cidade. Chegamos a Xixón o luns pola noite e dende ese día vimos moitísimos pobos, cidades, parques, lugares ...que nos encantaron e sorprenderon: Xixón coa praia de San Lorenzo ateigada de xente;  a súa praza maior onde Adrián xogou moito e tapeamos nunha sidrería; o museo do ferrocarril (sen dúbida o que máis lle gustou, e o que máis recorda, por eso a foto e dese lugar); o percorrido pola cidade no tren túristico; o parque preto da casa onde tiña que ir a subir ao columpio ao sair de casa e ao chegar todas as noites.... Colunga onde tamén o pasou moi ben no museo dos dinosaurios e de onde trouxo a DINO. Villaviciosa, onde quedou moi triste porque cando chegou a xogar ao parque empezou a chover "a cantaro"como repetía el. Oviedo onde  o pasou moi ben no Palacio dos nenos xogando con outros pequenos e no parque do centro comercial de Calatrava onde disfrutou dun "redondo", que non vira antes  de chegar a Asturias, e no que o pasaba pipa xirando na roda a outros nenos. Covadonga no que o que máis lle chamou a atención foi a auga na que se tiran as moedas ao pe da cova...O seu comportamento foi magnífico, e ainda que os dous primeiros días botava de menos a súa casa de Vía Norte e o dicía a miudo, pouco a pouco foille pasando e ao final da viaxe xa non o dicía ainda que si que cando lle dixemos que voltavamos púxose moi ledo.O cansancio parecía non facer mella nel, todos os días  erguíase cedo e deitabase tarde sen dar a entender que estivese canso. Tampouco a comida foi un problema para el, adaptouse ben e aínda que non comeu moito, non hai queixa. A súa frase favorita durante a viaxe foi sen dubida "papá espera que me ato" que o repetía incansable cada vez que subía na sua bici para pasear. Foron pois , uns días inesquecibles onde todo sucedeu tal e como desexabamos antes de partir, Asturias non nos defraudou nin moito menos, encantounos todo o que vimos e disfrutamos moito. Foron as primeiras vacacións dos tres xuntos e o único que nos queda e esperar que se repitan pronto.

Un día no zoo

Un día no zoo

O 1 de Maio festivo en todo o país quixemos aproveitar o día de descanso facendo algo especial. Aínda que o tempo non acompañaba,  nós non nos arredamos. Collimos de paraugas e cazadora de inverno e alá fomos. Acompañounos na aventura a nosa veciña Antía, que estase a facer unha boa amiga de Adrián.

Tivemos sorte e non choveu e poidemos disfrutar dunha visita tranquila xa que non había moita xente a pesares de ser unha xornada de portas abertas.

Viaxe a Coruña

Viaxe a Coruña Aproveitando os festivos da Semana Santa, o xoves santo decidimos sair de viaxe hacia A Coruña. Foi unha boa viaxe moi tranquila e alegre na que cantamos, miramos as sinais de tráfico, que é o meu xogo favorito agora e xa coñezo varias, comemos... e puxen a nota de cor cando chegando os pes da torre de Hércules, decidín quedar durmido. Despois de media hora de placido sono, despertei contento e como si tal cousa  emprendemos o camiño cara ao famoso faro.

Os Loureiros

Os Loureiros

A aldea do meu pai, a miña aldea chámase Os Loureiros, hoxe fumos despois de moito tempo e paseino moi ben. Fixen unha morea de cousas todas elas moi divertidas. O primeiro foi axudar na eira a limpala de herbas malas para poder prantar os amorodos. Logo fun co meu padriño e a miña nai a prantar un castiñeiro, Tino fixo un burato moi grande, logo eu boteille auga, tapámolo con terra e por último cubrimos a terra coa caca das vacas!! Díxome mamá que servía de abono.

A tarde paseina co sachiño cavando na eira man a man co meu pai e xa a noitiña fumos regar o mandarino, a árbore que  prantamos o día da árbore do ano pasado, actividade que tamén me gustou moito.

Día estupendo de bo tempo en compaña da miña familia! Estou desexando que chegue o verán para encher a piscina!