Neve en Vigo
Facía moito tempo, din que 23 anos que non nevaba en Vigo, eu estaba no CUVI, e recordo aquel día coma si fora hoxe. Foi un día incrible no que o pasei... bolas de neve, tirándonos pola ladeira coa alfombriña do meu 127...pero sobre todo co percorrido que fixeramos dende a facultade ao bois de bologne (o bar que hai en Zamáns), onde ao chegar tivemos que por toda a roupa a secar na chimenea...e de remate pola tarde tivo que ir a garda civil arriba para que poideramos baixar, en fin, todos uns universitarios. Bueno, deixome de batallitas do avó cebolleta. O caso e que este domingo nevou en Vigo; dende que o vimos pola ventá a emoción apoderouse de nós: vestímonos axiña, Adrián as suas botas de tabairón con dentes e todo, e baixamos a rúa. Ainda que Adrián xa xogara coa neve o ano pasado na aldea, e polo tanto xa a vira, ésta era a primeira vez que lle caían os copos por riba del. O caso é que tampouco era moita a nevada na cidade asi que pola tarde subimos ao CUVI, alí xa era intensa a nevarada pero Adrián foi dormido ata arriba e espertou sin moitas ganas nin de pasar frío nin de xogar, preferiu quedar no coche coa nai despois de pisar mínimamente a neve e de tirar un par de bolas ao coche sin moita gana. Pero bueno, para pasalo ben xa estaba eu. Cris no coche coa alerxia...
0 comentarios