TEMOS BEBÉ.....
7-Xuño-2010. Un dos días máis importantes da vida de Adrián ata agora é tamén de cara ao seu futuro. Hoxe díxonos Cris que iamos ser un máis na familia, que ía ter un/unha irmán/á. A súa reacción foi extraordinaria, hai que ter en conta que era algo que xa pedira en varias ocasións e que nos dixera que lle gustaría ter. Enseguida empezou a facer plans sobre como trataría ó bebé, como nos axudaría a nos con el...e sobre todo a darlle bicos a nai na barriga, que é algo que repetirá casi todolos días. Foi un día moi, moi especial. Nos seguintes días, semanas e meses todo continuou máis ou menos igual: sempre falando do bebé, como lle leería contos, o levaría ó parque, xogaría con el, entreteríao...Sempre actuando coma un irmán maior super responsable e implicado co novo membro da familia. E un detalle dese mismo día: estalle Cris contando o contiño e levántase decindo vou facer un pis, resposta de Adrián: " ten cuidado no se te caiga el bebé".
.
0 comentarios