Se muestran los artículos pertenecientes al tema Días especiais.
SEMANA INTENSA
Ista semana do 15 ao 21 de xunio trouxonos moitos días especiais, imos velos polo miudo:
-Luns: despedida do curso de música en Mayeusis, era o segundo ano de Adrián no grupo Cucú coa profesora Puri. Fíxose unha xornada de portas abertas para os pais á que asístimos e pasámolo todos moi ben: cantamos, bailamos, xogamos...
-Mércores: último día tamén da actividade de predeporte coa profesora Bea, foron só cinco meses de relación, pero Adrián estaba encantado con istas clases nas que corría, saltaba, facía volteretas....
-Venres: remate do seu primeiro curso escolar ¿¿¿¿¿xa????? foi moi intenso. Foron moitos os días nos que o pasou moi ben (no bus, con moitos amigos, cando traía os traballos para casa, cando facía algún traballo para nos....) e poucos os días nos que se queixara por ir. Penso que foi unha boa experiencia para el, que tivo boa relación cos seus compañeiros e moito apoio da súa profesora Mari Carmen, da profe de maxia Mara e de Rosa a da biblioteca.
-Sábado: fumos ao monte dos pozos ao cumpreanos de Carlos, un dos seus compañeiros de clase e o único que fixo festa para celebralo. Pasámolo moi ben, nun día de moito calor onde Adrián disfrutou do lindo coa súa pistola de auga.
Xa se ve que foi unha semana intensa con moitos, moitos días especiais.
Sol, solito!

E chegou o bo tempo e gozei coma un anano!
O pasado domingo día 15 (marzo 2009) foi o primeiro de praia deste ano. Por suposto quen máis gozou da xornada foi Adrián, quen hasta hoxe fora bastante reticente a isto de bañarse ou tan siquera meterse na auga, pero hoxe...Dende o primeio momento achegouse a orilla e empezou a meterse aínda que estivesemos en marzo, auga estivese bastante fria, houbese un pouco de oleaxe, e que incluso caise en varias ocasións. Gzouou coma un anano, unha e outra vez entraba e saía da auga correndo e rindo coma si fose a primeira vez que ía a praia. Teño que dicir que si el se mostraba contento e entusiasmado, eu non o estaba menos sacándolle fotos e vendo a súa felicidade, inocencia e alegría. Foi unha xornada festiva e moi moi pasada por auga.
NEVE
O sábado 6 de febreiro de 2009 foi un gran día para toda a familia e sobre todo para Adrián, e iso que parecía que os nosos plans non ían sair como planeáramos. Vouvolo contar: A idea era aproveitar a neve dos días anteriores para ir a aldea en plan turismo rural e disfrutar dela, pero cando nos levantamos...nada de frio nin de neve: sol e casi calor. Sin saber que faríamos ao final, saimos cara Pontevedra a ver na Casa de Cultura a Almudena Janeiro cantando as súas cancións de CONTOS EN CANTOS. Pasámolo moi ben e ela cantou sensacional, o espectáculo foi moi animado e o público colaborou moito, ademáis xogábamos coa ventaxa de coñecer as cancións por telas visto no DVD. Logo fumos comer a un restaurante de pratos combinados e Adrián pasouno fenomenal porque tiñan unha zona de bolas que o mantivo moi entretido. Xa a tardiña non sabíamos moi ben que facer: ir a Mondariz, ou a Allariz, ou para a aldea onde non pensabamos que houbese nada de neve, e por riba a iso das cinco da tarde cando estábamos en Mondariz puxose a chover...Finalmente decidimos ir a aldea a pasala tarde dentro de casa...pero cando estabamos a chegar a Prado vin que no cumio das montañas había neve, non sabíamos canta pero o cumio víase branco. Empezamos a subir cara a Xestosa e cando xa casi estabamos arriba de todo...¡NEVE! e moita, e moitos coches aparcados, e moita xente tirando bolas e facendo bonecos...unímonos a eles, Adrián estaba encantado, lanzou bolas, correu, riu, caiu...e non facía nada de frío (Cris por suposto si o tiña,ainda que aguantou ata o final e incluso se atreveu a empurrar unha gran bola de neve, ben por ela! ). Acabamos o día de turismo rural ceando e durmindo na maravillosa casa do padriño, por suposto nada que envexar a ningunha outra das que anuncian os folletos. Parecía que non o iamos lograr pero ao final vimos a neve, e foi unha aventura estupenda, un día compreto no que cantamos, rimos, xogamos, sacamos fotos...e un día inolvidable para Adrián especialmente: foi o día que descubriu a neve.
O cole de maiores
Esta é unha das cousas que me fan ver que depresa pasa o tempo e que maior se vai facendo Adrián; sempre dicimos "cando vaia ao cole" coma algo lonxano casi inalcanzable, pois ben, xa está aquí. O día 15 tivemos a primeira reunión coa nova mestra Mari Carmen, e hoxe día 19 de septembro, empezou o cole. Empezouno moi ben, moi contento, fumos acompañalo sua nai e eu, e ia rindo, entusiasmado e espectante, dicía que el axudaría a os outros nenos si choraban. Non lle custou traballo separarse de nos, foi facer a fila sin problemas e ahí se meteu para dentro sin máis. As doce cando o fumos recoller as cousas xa non ian igual, saíu chorando, era o único que o facía. Choraba moito, logo dixonos que un neno lle tirara no descanso area nos ollos e nunha orella... non puidemos disfrutar do dibuxo que traía na man, nin facerlle outras preguntas ... estaba moi triste. Tiñamos tanta ilusión nese momento da saída do seu primer día de cole, pero bueno a partir de hoxe, estou seguro que habera moitos días moito mellores, a súa carreira nas aulas acaba so de comenzar. Sorte.
Cumpreanos de Antón
Un día despois do meu primeiro cumpreanos naceu Antón. Como os seus pais e os meus son moi amigos nos tamén o somos, pasámolo moi ben xogando xuntos. Eu son o maior por iso gústalle a Antón xogar conmigo e a min gústame moito que el faga e repita as miñas cousas. Este verán eu cumprín tres anos, logo Antón cumpriu dous aniños e festexounos na súa casa de Cuntis por todo o alto. Pasámolo xenial, na piscina, na finca, coas pombas de xabón,e sobretodo abrindo os seus agasallos,...
Nadando
Despois de dous veráns nos que apenas se quería meter na auga, hoxe Adrián sorprendeunos na praia de Bouzas (a praia de Toby como a chama el) cun largo baño no que tivo ganas de dar os seus primeiros pasos para aprender a nadar. Todo comenzou coa colchoneta do seu amigo David (o mesmo do parque de preto da casa), estaba nela a xogar cos seus pais e Adrián viuna e quixo probar tamén. Dimos unha volta nela e logo como a auga estaba quentiña collino pola cintura e metino para que lle dera primeiro a os brazos e logo as pernas. Pasamos así uns dez minutos moi emocionantes para min e moi divertidos e novidosos para el. Por si fora pouco, logo quixo rematar a festa cun novo paseo pola auga na taboa de Pocoyo que lle regalara Noa polo seu cumpreanos, e na que facía o papel de capitán dun barco. Sin dubida foi un dia completo na auga.
Parabéns.

Ola tita!!! Sei que estás hoxe de cumpreanos e quero felicitarte desde aquí para que todo o mundo o saiba. Moitas, moitas, moitísimas felicidades, pola tarde xa cho direi en persoa, e sopraremos unha vea xuntos, e comeremos un trociño de torta, e cantaremos cumpreanos feliz, e abriremos agasallos, e porémosche a ti a coroa de raiña....xa estou nervioso. Un bico moi forte e pasao ben cos teus/tuas compañeiros/as, non traballes moito hoxe. Quérote moitísimo tita.
