Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2008.

COCHES DE CHOQUE.

Hoxe día de Navidad, despois de comer no bar do  avó Toby, fumos a Castrelos a xogar cos hinchables. Coincidimos alí con Carla, a súa irmán Aldara e os seus pais. Despois de dar unha volta nos cabaliños, fumos aos coches de choque, Adrián nunca os vira e foi para el todo un descubrimento. Despois de esperar moi nervioso un anaco, por fin subimos nun coche no que foi el o que o conducía. Ía alucinado, rindo e sinalando todo e preguntando a cada momento si aínda nos quedaban máis viaxes. As voltas que dabamos, cada vez que chocabamos con algún outro coche ou que o adiantabamos... todo era superemocionante. Foi unha tarde inesquecíbel con un descubrimento marabilloso.

25/12/2008 22:54 Autor: sampedro. #. Tema: Gústame... No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]