Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2009.
Festexando o día do pai!

Son moitas as cousas que podo dicir do meu pai, pero creo que o máis especial é que sempre xoga conmigo, aos monstruos, aos superhéroes, á pelota, e logo tamén ensíname as súas aficións e as cousas interesantes, algunhas delas, como xa vos teño dito agora gústanme moito. Por iso, mamá, o día do pai, agasallounos con estas camisetas de U2. Felicidades papi!
Sol, solito!

E chegou o bo tempo e gozei coma un anano!
O pasado domingo día 15 (marzo 2009) foi o primeiro de praia deste ano. Por suposto quen máis gozou da xornada foi Adrián, quen hasta hoxe fora bastante reticente a isto de bañarse ou tan siquera meterse na auga, pero hoxe...Dende o primeio momento achegouse a orilla e empezou a meterse aínda que estivesemos en marzo, auga estivese bastante fria, houbese un pouco de oleaxe, e que incluso caise en varias ocasións. Gzouou coma un anano, unha e outra vez entraba e saía da auga correndo e rindo coma si fose a primeira vez que ía a praia. Teño que dicir que si el se mostraba contento e entusiasmado, eu non o estaba menos sacándolle fotos e vendo a súa felicidade, inocencia e alegría. Foi unha xornada festiva e moi moi pasada por auga.
