Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2009.

MADRID

O fin de semana do 9 de maio foi moi, moi especial. Comezamos o día 9 ás 3:30 da tarde subindo ao tren de camiño a Santiago onde ía despegar o noso avión ás 10 da noite hacia Madrid. A viaxe foi espectacular, Adrián pasara toda a semana preguntando moi nervioso cando era o sábado para ir en avión, e cando chegou o momento el ía tan tranquilo pegando as súas pegatinas nun libro sin dárlle máis importancia ao feito tan novo que estaba vivindo neses intres. Eu non me mareei nada nin tiven medo no que era tamén a miña primeira viaxe en avión, pero mamá si que tivo un pouco de medo e pasouno un pouquiño mal. Chegamos sen sorpresas a Madrid ás 12 onde collemos un bus que nos levou ao hotel máis grande de Europa onde durmiríamos. Espertamos cedo (mamá e Adrián) coma sempre, e CHOVÍA, pero nada nos ía estropear o plan que tiñamos para o domingo: ir ao parque Wagner!!!!! de feito xa tiñamos as entradas. Pouco a pouco foi despexando e despois do almorzo , con porras por suposto, de coller bus, tren e metro, para cando chegamos xa facía un día estupendo de sol. O parque era alucinante, nada máis entrar xa nos estaban esperando os LOONY TOONS cun baile de benvida, (papá incluso osou bailar con Pablo Mármol). Logo fumos a zona infantil onde Adrián pudo subir en todo sin agardar moitas colas: coches de choque, autobús volador, cohetes, tazas xiratorias, conducir un camión levándonos a nos detrás... O punto final dos actos da mañán foi ver outro espectáculo dos Loony, fotos con eles,baile, cantos... e así rematamos . Comida, sesta medio reparadora nun banco do propio parque e máis festa: subimos no coche de Batman para axudalo nunha misión, e nova volta a todas as atraccións da zona infantil. Xa era tarde e saímos de alí con moita pena pero prometendo voltar a subir a atracción de auga na que no nos deixaran subir porque Adri non era suficientemente alto. Metro, tren, bus e cama. O luns tamén foi un día especial: fumos remar ao parque do retiro (coa axuda de Adrián que o fixo con bastante ben) onde o pasamos estupendamente, foi case o mellor momento da viaxe, e só por eses 45 minutos que pasamos alí,tan tranquilos e relaxados no lago, xa mereceu a pena ter ido a Madrid. Logo comimos e paseamos por Madrid: porta do sol, praza maior, opera, rúa arenal....Adrián e mamá xa tarde voltaron ao hotel e eu fun alucinar do concerto de Antony and the Johnsons. O martes volvemos coller o avión de volta nunha viaxe que aínda resultou máis tranquila  ca anterior, de feito Adri durmiu un rato!!! .Chegada a nosa casa á que ao pesar do ben que o pasara Adrián parecía botar moito de menos.

  

18/05/2009 23:49 Autor: sampedro. #. Tema: Viaxando polo mundo No hay comentarios. Comentar.

Anécdotas en Madrid.

Xa se sabe que cos nenos non se xoga e que sempre din a verdade, atención ós detalles de Adrián en Madrid:

-Antes de ir á Warner o domingo, almorzamos nunha cafetería, pedimos duas de porras, dous cafés e unha de churros para Adrián que lle encantan. Trouxo todo unha camareira moi simpática e cando Cris e máis eu xa estabamos comendo érguese Adri da mesa, alonxase uns cinco metros para falar con ela moi enérxico e xesticulando aínda que nos non o oubiamos. Pasados 15 segundos volta a sentar e ven a camareira detrás: "mirar, ¿cuántos años tiene?" "3" "ahhhh" "pero, ¿qué te dijo?" "qué cómo le ponía unos churros con esa forma (de lazo) que a él le gustan en forma de palito".....

 

-O domingo despois de estar todo o día xogando na Warner, estabamos esperando o bus que tiña que chegar ás 9:45 para levarnos ao hotel, pero retrasábase e Adrián quería seguir xogando :ao escondite, a correr a pata coxa, ao escondite inglés... eu xa non  sabía coma paralo, deron as 10., as 10:10 ...e xa falei con el: "Adrián papá está moi cansado porque xa xogamos moito e tamén estou moi enfadado porque o bus xa tiña que ter chegado e non acaba de vir". Pareceu comprendelo e parou; ao pouco chegou o bus, subimos  nós e outras tres personas, arrancamos , e de súpeto oubese a Adrián alto e claro: "sabes, mi papá está muy enfadado porque tardaste mucho en llegar". Sin palabras,  e eu non sabía onde meterme.

-

24/05/2009 01:13 Autor: sampedro. #. Tema: Viaxando polo mundo No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]